Sobre a crise desatada en Chipre II

Hoxe, por fin, coñedemos cal é a solución da Troika; esa tríada funesta composta polo FMI, o BCE e mais a CE que se adica a repartir sumas millonarias ós países europeos a costa das almas dos seus cidadáns.

O plan é ben sinxelo. Despois do terrible fiasco de intentar que os depositantes de cantidades seguras (recordemos, por debaixo dos 100.000 euros) sufragasen parte do rescate bancario, o cal sementou de dúbidas o sistema bancario europeo, a solución pasará por subir o imposto de sociedades e impoñer unha elevada cota os depositantes que superen a cantidade segura (de ata o 30% se rumorea). Ademais, trocearase o Laiki Bank  (segunda entidade do país) en banco bó e malo, liquidando con perdas o malo (a costa de todos os chipriotas) e fusionando o bó co Banco de Chipre, a 1º entidade do país. E isto sen ter en conta que se fai efectivo un corralito, establecendo restriccións efectivas sobre a retirada de fondos do banco e o movemento de capitais.

Se ben isto non calma de todo as dúbidas na eurozona, o certo é que visto o visto, é unha solución bastante mellor que a primeira. Ata as bolsas europeas a recibiron con optimismo, Europa secuestra outro país, solucionamos a inestabilidade da moeda única (recordemos que outra solución coa que se ameazou a Chipre foi coa expulsión do euro e por tanto o risco de fractura do mesmo era moi elevado) e recibimos pingües ganancias.

Era unha historia tan bonita financieiramente, que algo tiña que demostrarnos que seguimos a vivir na realidade. E neste caso, o papel de verdugo executouno o presidente do Eurogrupo, o señor Jeroen Dijsselbloem, con estas declaracións:

“Lo que hicimos la noche pasada fue reducir los riesgos… Si hay un riesgo en un banco, nuestra primera pregunta será ‘de acuerdo, ¿qué van a hacer en el banco? ¿Qué pueden hacer para recapitalizarse?’. Si el banco no puede hacerlo, entonces hablaremos con los accionistas y los bonistas, les pediremos que contribuyeran para recapitalizar el banco, y si es necesario, con los que tengan depósitos no asegurados”.

Traducido, esta solución non é única e específica para Chipre por xogar a ser un paraíso fiscal. Mais ben, esta será a nova medida a ter en conta, que busquedes os cartos de debaixo das pedras, xa que as economías do norte estamos fartos de poñer diñeiro no sur.

Vamos, que o señor Dijsselbloem acaba de avisarnos de que deixemos de confiar nos nosos bancos (tamén rescatados), porque é probable que teñamos que ser nos mesmos quen corramos co seu rescate directo (e despois tamén co indirecto vía impostos).

Como sempre ocorre nestes casos, un portavoz afirmou que estas palabras están sacadas de contexto, pero demostra as claras como será o proceder da Unión Europea, polo menos ata que se resolvan as eleccións en Alemaña.

Por certo, como última nota, o acordo de rescate non ten que pasar trámite parlamentario en Chipre, pero está obrigado a ser ratificado polos parlamentos alemán, holandés e finlandés, todo un exemplo de quen é o que verdadeiramente manda neste trato.


Sobre a crise desatada en Chipre

Para comezar, e agardo con bó pé, gustaríame falar sobre a situación en Chipre. Un país nimio na unión europea, con pouco peso, tanto económico como decisorio, que xogou nos últimos tempos a ser paraíso fiscal, alimentando un negocio financieiro que quintuplicaba o PIB nacional.

En Chipre, os banqueiros estaban acostumados a atender a rusos, gregos e ingleses; abrirlles contas de elevada rendabilidade e non preguntar pola orixe dos cartos, o seu funcionamento podería catalogarse de Suiza do Mediterráneo. Este negocio no que se ofrecían rendabilidades récord para os depósitos foráneos, nunha táctica agresiva de captación de clientes e divisas, fixo que se alimentase a burbulla financieira ata límites insospeitables.

Nos podemos preguntar por que estalou agora e non en 2007. Ben, en 2007 chipre contaba cunha saúde financieira envidiable e era considerada un exemplo económico o igual que Irlanda. Despois de aplicar un agresivo programa de austeridade, en 2008 conseguía un superávit do 1’2% e o ingreso na moeda única. Nese intre, os problemas económicos de Grecia estaban baixo a alfombra, e no noso país coqueteábase coa idea de que isto non ía ser máis que un pequeno bache, unha “desaceleración” que se superaría en pouco tempo.

Pero… en 2010 a situación de Grecia vou polos aires, veuse abocada a pedir axuda financieira para pagar a súa desmesurada deuda, e sumiu a toda europa nunha crise do seu sistema monetario que conlevaría ó desastre actual.

Inda que pareza un escenario dantesco, foi o momento perfecto para o negocio de uns poucos. Os títulos de deuda soberana gregos disparáronse no mercado e a súa prima de risco alcanzou niveis nunca vistos, superando os máis de 1000 puntos con solvencia (para que nos fagamos unha idea, en España non se superou inda o umbral dos 700 puntos). Isto conlevaba a que invertir en deuda grega, polo seu elevado risco, supuña uns grandes beneficios.

Por que meter a Grecia no medio da historia? bueno, pois porque chipriotas e gregos foron sempre veciños interdependentes e as súas economías están intimamente ligadas. Ata tal punto que os bancos chipriotas foron uns dos máis expostos á deuda grega e durante a quita de marzo do ano pasado, foron dos máis afectados pola mesma. Dende entón deambulan no panorama económico europeo como zombies (o cal non é un estado alleo a maior parte dos bancos da eurozona).

Sendo como é un sector que multiplica o PIB da illa, está claro que os chipriotas non poden pagar o saneamento dos seus bancos por si mesmos, co cal víronse abocados a un rescate, exactamente igual que no noso país.

O problema é que se xa o rescate de España foi difícil de encadrar nunha Europa que se nega a gastar máis cartos, pedir agora outro, por nimio que sexa, coa proximidade das eleccións alemanas nas que Merkel se xoga realmente a presidencia de Alemaña (e de Europa) é xogar directamente con lume, e iso foi o que lle pasou a Chipre.

O eurogrupo, decidido a non poñer demasiados cartos en xogo, considerou que sería bo que os propios chipriotas puxesen xa tamén unha parte do rescate; e tendo en conta o estatus de paraíso fiscal, que máis que sacar de ahí os cartos e enviar un sinal de que en Europa non se permiten os mesmos (mentres todos se xiran hacia Luxemburgo, país fundador da UE, e lle din: ti si, a ti querémoste).

Isto supuxo a idea revolucionaria e de paternidade incerta (as partes implicadas na mesma acúsanse mutuamente da mesma) de que o rescate se financiaría mediante os depósitos abertos nos bancos chipriotas mediante unha tasa especial e o establecemento dun corralito para evitar a fuga dos mesmos.

A tan brillante idea sumóuselle outra inda máis surrealista, facer pagar tanto os que superan os 100.000 euros coma os depósitos inferiores a esa cantidade. Que por que é unha idea horrible? bueno, pois porque se supón que os depósitos europeos inferiores a esa cantidade están protexidos por lei, que obriga a primeiro estar respaldados polo FGD (fondo de garantía de depósitos) e en última instancia polo estado, que se vería abocado a emitir deuda a fin de pagarlle os aforradores en caso de quebra bancaria.

Isto non é trivial, son estes depósitos os que fan que os nosos gobernantes non queiran deixar quebrar os bancos, no suposto de que as cantidades a pagar polo estado son moi superiores ás que efectivamente está inxectando nos bancos (por certo, en España, o FGD está oficialmente saqueado polos mesmos bancos, xa que o Goberno permitiu financiar con el a reestructuración bancaria). Son estes depósitos “seguros” o eixo vertebrador da actividade bancaria.

Por que digo “seguros”, pois pola fantástica idea de aplicar un 6’75% de taxa impositiva a estes depósitos de forma sorpresiva. A propia Eurozona cava a súa tumba económica (aquí sería de xustiza dicir que facer, o que fai é afondala, xa a leva cavando dende 2007) con esta magnífica decisión, facendo cundir o pánico sobre os aforradores, nos que en moitos casos renunciaron a permanecer cos cartos no banco e decidiron volver a almacenalos debaixo do colchón.

Se xa a historia parece estúpida e nos demostra que ó timón temos os peores capitáns posibles, unha vez demostrada que a decisión era completamente errónea e podía levar ó pánico a toda europa, renegando todos de habela tomado se intenta recuar para atrás, mentres o parlamento chipriota se nega a recibir un rescate nesas condicións e os bancos seguen sen permitir sacar o seu diñeiro ós cidadáns de a pé; nos queda pensar nas posibles saídas a esta situación. E o panorama é desolador.

Realmente só hai dúas alternativas, xa que chipre non ten pensado gravar os pequenos depósitos e Alemaña e os países nórdicos non queren poñer máis cartos; unha, que atopen outra vía para recadar os 5.800 millóns de euros que precisan ademais dos 10.000 que prestarán os paises da eurozona, ou dúas, abandonar o Euro.

Sendo un país tan pequeno, as consecuencias non serían dramáticas de por si, pero de ser así demostraríanos que realmente Chipre foi un antes e despois, posto que á súa saída seguiría a grega, e non é rexeitable a idea de que o fixese algún país de máis envergadura coma o noso, que provocaría idefectiblemente a caída do euro. Nese escenario, nin a protección dos depósitos, nin almacenar billetes en casa sería efectivo, xa que a devaluación á que se sometería os deixaría como papeliños moi caros.

Como podemos ver, esta xogada suicida ben pode ser a última decisión da Unión Europea.


Do comezo do mesmo

Volvo ó punto de eterno retorno. Fai xa tempo, tiven un blog en activo. Foi en Blogger (son un traidor por pasarme á competencia) e apareceu con motivo dunha actividade na carreira. O certo é que durou mais ben pouco, debido a todo e a nada en xeral; tal e como veñen morrendo e nacendo todos os proxectos, nunca hai un alguén culpable, cargádelle o morto a Fuenteovejuna.

Isto pouco ten que ver con ese blog pasado, o exercicio que me leva hoxe a expresarme aquí é outro ben distinto. Os que me coñecedes sabedes que desborda o que quero dicir sobre o que a xente pode aturar, e isto acostuma causar o fastío dos que me rodean. Así que tomarei este pequeno espazo na web como microterapia psicolóxica gratuita, a fin de que soltar perante o teclado todo presiona por saír de min e deixar de saturarvos en persoa.

Como se pode ver, será un espazo persoal, sen un contido dominante e sen unha coherencia interna mínima entre post, recomendo tomarse cada texto como veña e non xulgar o blog en xeral, se non polo contido momentáneo do post.

Seguiremos publicando


%d bloggers like this: